Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Redondela F.S. viaxa o sábado a Tui co obxectivo de remontar posicións

RR_Noticias

Despois de golear en Redondela ao Tui Futsal, o equipo de Juan Manuel Nogueira desprázase a terras tudenses para medirse coa Quinta de Tui. O xogo despregado na pista do pavillón novo ilusiona, e fai pensar no obxectivo de escalar ata a metade alta da táboa.

O equipo semella crecerse ante as adversidades, e a pasada fin de semana demostrouno ante un dos combinados máis en forma do campionato ao impoñerse por 8-1 ao Tui Futsal. Un resultado que non só lles permite seguir sumando, senón que supón tamén unha inxección de moral “moi importante” para os xogadores, segundo Nogueira, quen salienta que “a parte psicolóxica” é fundamental para cumprir cos obxectivos. O partido disputouse no pavillón novo, e a pista tivo tamén moito que ver no resultado, xa que o técnico valora “o salto de calidade” que supón poder adestrar e xogar nas novas instalacións. Acostumarse á pista, máis rápida que a das vellas instalacións, está a ser un factor “clave” para o equipo de Nogueira. Esta semana traballan no seguinte reto, o partido que disputarán o sábado ante A Quinta de Tui, equipo que os supera en tres puntos na táboa, dúas posicións por diante dos redondeláns. Un resultado positivo serviría para gañar posicións e afrontar con máis seguridade os derbis que teñen a continuación, ante o Arealonga en Redondela e co Campito en Chapela. O partido será o sábado, ás 17.00 horas, no pavillón novo de Tui.  

Juan Manuel Nogueira adestrador
A goleada ao Tui Futsal é unha importante inxección de moral para o equipo.
Novo pavillón
As novas instalacións están a mellorar o rendemento do equipo cunha pista máis rápida.
A Quinta de Tui – Redondela FS
Os tudenses superan ao equipo de Nogueira en tres puntos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará