Hoxe é Venres 4 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un Choco en inferioridade non pode co Mugardos

RR_Noticias

Os de Marcos Montes adiantáronse no marcador, pero a expulsión de Cristian aos 15 minutos do partido impediulles manter a vantaxe. O Choco B gañou ao Gondomar e o Chapela empatou co Alcabre. Na Primeira Nacional de Balonmán Chapela e SAR impuxéronse ao OAR Coruña e Pontevedra respectivamente.

Terceira División

Mugardos 3-1 Choco
O Choco baixa unha posición na táboa e perde unha excelente ocasión para ratificarse en postos de promoción de ascenso. A derrota en Mugardos déixaos na cuarta praza, empatados a puntos co terceiro e o quinto, o Deportivo B e o Rápido. A formación de Marcos Montes saíu moi serio ao terreo de xogo do Mugardos, malia que as condicións do céspede non eran as mellores. Silva aproveitou un mal despexe da defensa local para enviar o esférico ao fondo da rede no duodécimo minuto de xogo. Con todo, pouco despois, chegou a acción decisiva do partido ao sinalar o colexiado un penalti de Cristian, que supuxo a súa expulsión. O Mugardos errou o lanzamento, pero 75 minutos en inferioridade numérica debilitaron aos redondeláns. Dopico, por partida doble, e Quique Fernández marcaron para o Mugardos. O Choco terá ocasión de seguir sumando en positivo a próxima xornada, cando reciben en Santa Mariña ao Órdenes, situado na metade baixa da táboa.
Galicia Mugardos: Paco Fernández; Serantes, Tenreiro, Adrián Martínez, Muñoz, Rubio, Abelenda (Permuy, min. 61), Diego Martínez, Carlos López (Rocha, min. 78), Álex Díaz (Caicedo, min. 81), Quique Fernández.
Choco: Cortegoso, Yago Vázquez, Cristian, Lucas, Gándara, Alberto Suárez, Rober (Carminati, min. 28), Comis, Silva (Óscar Pérez, min. 77), Hugo (Fernán, min. 70), Félix.
Goles:0-1, min. 12: Silva; 1-1, min. 35: Dopico; 2-1, min. 60: Dopico; 3-1, min. 74: Quique Fernández.
Árbitro: Breogán Martínez. Expulsou con cartolina vermella directa a Cristian (min. 16). Mostrou cartolina amarela a Muñoz, Carlos López e Permuy polo Mugardos e a Yago Vázquez polo Choco.
Segunda Autonómica

Choco B 2-1 Gondomar
O filial do Choco segue forte e suma unha nova vitoria ante o Gondomar. Kevin e Samuel adiantaron aos redondeláns, e os visitantes fixeron o gol da honra no tempo de desconto. O Choco B, na terceira praza, recibirá na próxima xornada ao líder, o intratable Chaín, que os adiante en 9 puntos.
Alcabre 0-0 Chapela
O Chapela baixa unha posición da táboa, e son décimos, logo de non pasar do empate no campo do Alcabre nun partido sen goles. A próxima xornada reciben ao Pereiró, da parte baixa da táboa.
Terceira Autonómica

Caroi 0-1 Cesantes
Os redondeláns conseguiron sumar no campo do Caroi, onde gañaron pola mínima. A próxima xornada reciben ao At. Estación, que adianta ao Cesantes nunha posición, con 2 puntos máis.
Beretes Chapela 1-1 Sol Invictus
O Peña Beretes suma o seu primeiro empate da temporada e seguen penúltimos, xa sen opcións de mellorar esta posición. A próxima xornada xogan no campo do Peñasco.
Balonmán Primeira Nacional

Pontevedra 28-30 SAR Plastic Omnium
A SAR Plastic Omnium trouxo os puntos en xogo na pista do Pontevedra, que segue afundido na parte baixa da táboa. A vitoria permite á SAR escapara dos postos máis complicados da táboa, son 11º. A próxima xornada reciben ao Bueu, no ecuador da clasificación.
Construcións Castro Chapela 30-21 OAR Coruña
Os de Teixeira manteñen a segunda praza logo de impoñerse ao OAR Coruña, que é sétimo. Os de Fran Teixiera tiveron que agardar ata a segunda parte do encontro para sentenciar o partido definitivamente. A próxima fin de semana reciben ao Porriño, da metade baixa da táboa.
División de Honra Prata Feminina

Rodosa Chapela 19-21 Carballal
As de Chapela non foron quen e superar ao Carballal, malia que as viguesas se impuxeron finalmente por tan só dous goles de diferencia. A derrota deixa ás de Chapela na décima praza. A próxima fin de semana xogan na pista do líder, o BM Mavi.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará