Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Sen consenso sobre a Área Metropolitana

RR_Noticias

A proposta presentada polos populares e modificada con achegas do BNG e AER foi aprobada pero, lonxe de acadar a unanimidade, tan só o fixo cos votos a favor de PP, AER e a edil non adscrita. O BNG abstívose e o PSOE votou en contra argumentando entre outras cuestións que non se incremente o número de concellos participantes malia existir varios que así o solicitaron expresamente e que non se introduza o voto ponderado dándolle aos concellos unha maior ou menos representatividade en función dos seus habitantes. O PP defendeu a proposta asegurando que “é a que beneficia aos intereses de Redondela e os seu veciños”.

En base a esta proposta para acadar calquera acordo na área metropolitana sería necesario contar aló menos co apoio do 50% dos municipios que a integren. Establécese ademais que os gastos do ente serán financiados polos concellos de acordo ás súas respectivas poboacións e que caberá a posibilidade de abandonalo no caso de que o pleno do concello así o decida. Mención específica neste acordo ten o futuro do trasporte metropolitano. Recóllese no mesmo que se solicitará ao concello de Vigo que ceda a competencia do trasporte interubano co obxecto de integrar todos os servizos de transporte de viaxeiros por estrada así como a necesidade de integrar o servizo ferroviario de proximidade dentro do transporte metropolitano. Dende o BNG botan en falta unha maior solidariedade cos concellos de menor poboación e criticaron que a posta en marcha deste ente se estea retrasando “por unha guerra de egos”. O PSOE argumentou o seu voto en contra por tres cuestións principais.  O edil socialista Eduardo Reguera reclamaba que se incrementase o número de concellos que entren a formar parte da Área Metropolitana coa incorporación dos seis que así o manifestaron nos seus respectivos plenos: Tui, Tomiño, Ponteareas, A Guarda, Vilaboa e Mondariz. O PSOE defende tamén o voto ponderado que permita a cada concello ter o peso que lle corresponda en base ao seu número de habitantes “non é o mesmo Redondela, o segundo concello da Área Metropolitana por habitantes, que Pazos de Borbén ou Fornelos de Montes” declara o edil socialista Eduardo Reguera “o peso de Redondela ten que ser máis porque tamén vaise a aportar economicamente en relación aos habitantes, menos para Redondela sería inxusto”. Finalmente, poñían tamén en dúbida a legalidade de solicitar a Vigo que ceda as súas competencias no ámbito do transporte. O apoio que os populares non atoparon nestes dous grupos si o obtiveron da edil non adscrita, Raquel Quintáns e dos concelleiros que conforman a Agrupación de Electores quen defenderon a posibilidade de abandonar a Área Metropolitana no caso de que non se dote a este organismo de competencias que lle sexan útiles aos veciños tales como o transporte ou a xestión das emerxencias. A popular Carmen Amoedo criticou a postura dos socialistas a quen lles recriminou que voten en contra “sen existir un só motivo para facelo, agás defender os intereses de Vigo e de Abel Caballero en lugar dos intereses de Redondela”.  

Xoan Carlos González BNG
Criticou a documento presentado polos populares
Eduardo Reguera PSOE
Baseou o seu voto en contra en tres puntos principais
José Bernardo Crespo AER
Apoiaron a propostas por entender que busca dotar de competencias a Área
Carmen Amoedo PP
O PP critica aos socialistas que defendan os intereses de Abel Caballero en contra dos veciños de Redondela

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará