Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Obradoiro de recursos en galego para persoal das escolas infantís

RR_Noticias

O Servizo de Normalización Lingüística mantén aberto o prazo de inscrición para participar na actividade formativa programada para os xoves 14 e 21 de xaneiro: un Obradoiro de recursos en galego para persoal da escolas infantís, coa intención de facilitar ao persoal que traballa nos centros de ensino e nas escolas infantís de Redondela recursos e materiais de aula para desenvolver o seu traballo diario en lingua galega. A actividade é de balde e con prazas limitadas, polo que cómpre inscribirse a través do correo electrónico normalizacion@redondela.es ou no teléfono 986 400 106.

Neste obradoiro desenvolveranse diferentes actividades de sensibilización (audiovisuais, debates e outras dinámicas para a reflexión) e presentaranse diversos materiais educativos para o alumnado de ensino infantil. O obradoiro desenvolverase na Casa de Cultura de Redondela, os xoves 14 e 21 de xaneiro, en horario de 16:30 a 20:30 h e será impartido por FABALOBA.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará