Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os Amigos das Bibliotecas debaten sobre a caza na súa primeira cita do ano Tirando a dar!!

RR_Noticias

A Asociación de Amigos das Bibliotecas de Redondela organiza este venres a súa primeria actividade do ano baixo o título Tirando a dar!! De caza con Juanito Osuna. Unha cita aberta a todo o público que queira achegarse o vindeiro día 15 ás 20:30 horas na Casa da Cultura e na que estará presente o veterinario e cazador Iñaki de Miguel.

É a caza unha práctica ecolóxica ou unha crueldade?, ¿pode considerarse un deporte?, ¿achéganos á natureza ou afástanos dela? Para encontrar respostas a todas esas controvertidas cuestións, revisarase a relación entre caza e literatura segundo Miguel Delibes, tendo como referencia o seu conto “El amor propio de Juanito Osuna” que  poden recoller na Biblioteca Municipal de Redondela ou solicitalo no correo electrónico da asociación amigosbibliotecasredondela@gmail.com todos aqueles que desexen participar no debate.
Un debate que se desenvolverá este venres ás 20:30 horas na Casada Cultura e que contará ademais coa presenza do veterinario e cazador Iñaki de Miguel.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará