Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Castro Chapela mantén a segunda praza ao impoñerse á SAR Plastic Omnium no derbi local

RR_Noticias

Malia que o encontro comezou igualado, a segunda parte foi integramente para os de Fran Teixeira, que foron ampliando distancias ata rematar o encontro cunha diferencia de once goles e un marcador de 12-23

Primeira Nacional
SAR Plastic Omnium 12-23 Construcións Castro Chapela
Nos primeiros intres do encontro, a SAR mesmo chegou a ter unha vantaxe dun gol sobre o Chapela, e chegaron ao descanso con empate 8-8. Pero os folgos dos de Carlos Rey foron a menos e a superioridade do Castro Chapela fíxose cada vez máis patente, chegando ao final do derbi cun marcador de 12-23. Unha vitoria que permite aos de Teixeira manter a segunda praza e o obxectivo de clasificarse para a fase de ascenso. Mentres, os redondeláns, son 12º. Na próxima xornada o Chapela recibe ao OAR Coruña, que é sétimo, mentres que a SAR xoga na pista do Pontevedra, afundido na parte baixa da táboa.
División de Honra Prata Feminina
A categoría feminina volve á competición a próxima fin de semana, logo do descanso de Nadal. A SAR farao en Lanzarote, ante o Puerto del Carmen, e as de Chapela recibirán ao Carballal.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará