Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

AER denuncia a falta de xestión do Concello para salvar os restos do Castelo de Rande

RR_Noticias

As últimas declaracións por parte do goberno local sobre un procedemento de “inspección e control das obras” de ampliación da AP-9 para evitar que as ruínas do castelo poidan resultar danadas, levan a Agrupación de Electores de Redondela a denunciar a súa “falta de previsión”.

AER advirte que “ou se cambia a ubicación das zapatas no proxecto de ampliación, ou os restos do Castelo de Rande veranse afectados de cheo”. Por iso cualifican de “paripé” a actuación do goberno local. Lembran que xa en abril de 2013 solicitaron a incoación de expediente para a declaración de BIC dos restos da Fortaleza de Rande, así como o Cargadeiro do Alemán, o xacemento arqueolóxico dos Pecios da Batalla e do Contorno de Rande. Unha proposta que foi aprobada por unanimidade e que se atopa entramitación na Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta. Con todo, na comisión de seguimento das obras celebrada hai dous meses, o 3 novembro, AER preguntou se o Ministerio de Fomento e a concesionaria tiñan pensado mover as zapatas da ampliación da ponte para salvar os restos do Castelo. AUDASA respondeu que non se faría ningún cambio no proxecto, xa que tiñan permiso de Patrimonio para realizar os piares como están deseñados. Desde AER lamentan que agora sexa xa tarde para que o Concello tome medidas, xa que nos prazos de exposición pública do proxecto o goberno local “esqueceuse de defender o patrimonio redondelán”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará