Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A previsión de chuvia obriga a cancelar o desfile de Rondallas e Ranchos de Reis en Redondela

RR_Noticias

En previsión das condicións meteorolóxicas previstas para mañá mércores, festividade de Reis, o Concello decidiu cancelar o desfile de Rondallas e Ranchos de Reis. O desfile realizarase noutra data pendente de confirmar. En canto á Cabalgata de Reis prevista para esta tarde, o Concello decidirá este mediodía se se celebra ou non.

Moi pendentes do prognóstico meteorolóxico están en o Concello de Redondela, para decidir se se cancela ou non a Cabalgata Real. Farase publica a decisión a través da páxina web e no Facebook oficial do Concello. De todos os xeitos confírmase a realización da Recepción Real das súas Maxestades os Reis no Concello, onde recibirán a todos os nenos para atender as súas peticións e entregarlles caramelos. Vaise a instalar una carpa diante do Concello para que os nenos poidan esperar para a Recepción Real acompañados da Coca Simona e un grupo de animadores que estarán acompañados da personaxe televisiva Bob Esponxa.  

Jesús Crespo concelleiro
Os Reis Magos estarán en Redondela e recibirán aos nenos no Concello.
Cancelado o desfile de Rondallas
A previsión de chuvia para mañá mércores obrigou a cancelar o desfile de rondallas e ranchos que se celebrará en próximas datas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará