Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Federación de Veciños critica ao PP por beneficiar ás “asociacións amigas” nos consellos parroquiais

RR_Noticias

Denuncian que dende o goberno local estase a elaborar unilateralmente un novo regulamento dos consellos parroquiais encamiñado a “limitar a representación veciñal” na vez de acatar acordos aprobados en pleno hai ano e medio. Entenden que a postura do PP responde ao seu interese “por castigar a aquelas asociacións que non somos correa de transmisión de ningún partido e que nos dedicamos exclusivamente a exercer o noso dereito a reivindicar as necesidade dos veciños de cada parroquia”.

O presidente da Xunta xestora da Federación de veciños, Victor Manuel Fuentes asegura que están a limitar a participacións nestes consellos das asociacións máis belixerantes co obxectivo de converter estes órganos nunha “ferramenta de control social”. Neste sentido denuncia que a moción aprobada o 27 de marzo de 2014 establecía entre outras cuestións un proceso de modificación “aberto a toda a cidadanía, precedido dunhas xornadas de debate e a creación dunha comisión paritaria que supervisara dito proceso”. Aseguran que ningún deses acordos se está a cumprir e que pola contra dende o goberno local iniciouse un proceso de modificación unilateral. De feito “a nova proposta non foi comunicada a esta Federación, nin foi convidada a participar no proceso a pesar de ser o único colectivo social que ata o de agora amosou interese público en modificar o regulamento”. Por ese motivo anuncian que non participarán nun proceso de modificación “dirixido polo PP e no que se busca unha interpretación retorcida do que é unha asociación de veciños ou veciñal co único obxecto de introducir asociacións que non defenden os intereses xerais dos veciños”. O obxectivo sería ao entender de Fuentes “homoxeneizar os consellos parroquiais limitando a representación veciñal e dando cabida principalmente a aqueles colectivos que están en mans de membros do PP”.  

Victor Manuel Fuentes Federación Veciños
Asegura que o PP castiga a aqueles colectivos que non son correa de transmisión
Homoxeneizar os consellos
Explica que o novo regulamento deixa fora a algúns colectivos e entran outros que non defenden os intereses xerais
Non participar
Néganse a participar nun proceso que non respeta o que se aprobou en pleno

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará