Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Desarticulan un grupo que distribuía roupa falsificada dende Arcade

RR_Noticias

A Policía rexistrou 3 locais nesta localidade e outros 14 en toda España con polo menos 6 arrestos. O operativo despregouse en Arcade, Pontevedra e A Coruña ademais de noutros puntos de España, Entre os detidos hai varios cidadáns de orixe marroquí que introducían dende Portugal os produtos que despois vendían senegaleses por todo o país.

Arcade viviu onte unha macro operación contra a comercialización de roupa falsificada que se almacenaba en varios establecementos da localidade. O Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número uno de Redondela autorizaba onte a realización de 17 rexistros simultáneos en Arcade, Fornelos, Pontevedra, A Coruña e outras cidades fora de Galicia, no marco dunha operación contra a propiedade industrial e por branqueo de capitais, que derivou na detención de polo menos seis persoas. O xulgado decretou o segredo do sumario e está previsto que os detidos comecen a pasar a disposición xudicial hoxe xoves.
Nesta operación, moi similar á vivida no mercado da Pedra,  investígase a un grupo de persoas de nacionalidade marroquí que supostamente introducía en España roupa falsificada desde Portugal, que despois distribuía en diferentes puntos de España. A distribución da roupa falsificada realizábase presuntamente a través de cidadáns de orixe senegalesa, quen, polo menos respecto de “parte do material”, encargábanse de que os produtos chegasen ao consumidor final. Fontes coñecedoras do caso manifestaron que a operación policial vinculada a estas actuacións continúa aberta e está a ser coordinada pola Policía Nacional.
No caso de Arcade, até a localidade desprazáronse un vinte efectivos, entre axentes uniformados e de paisano, que rexistraron varios locais que servían como almacéns, un situado ao pé da N-550 e outro na avenida Xosé Solla, ambos os dous moi próximos entre eles.
O operativo contou cunha unidade policial trasladadas desde Madrid e co apoio da Comisaría de Pontevedra.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará