Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Consellería do mar convoca ao cerco para abordar o reparto de cotas despois das eleccións

RR_Noticias

Os representantes de Acerca, Asociación de Armadores do Cerco que aglutina ao 80% do sector, mantén a acampada que protagonizan dende hai xa 56 días ás portas de San Caetano en Santiago. Entenden que a reunión convocada pola consellería para o martes 22 de decembro non suporá un levantamento da protesta, pero tamén confían en que serva para achegar posturas. Insisten en que a solución pasa por un reparto de cotas por tripulante e barco e non por históricos e lembran que de non reformularse o reparto actual “0 80% da flota acabará desmantelada”.

“O mantemento do actual reparto supón a morte de boa parte dos barcos que traballan na zona sur de Galicia”, así o asegura José Saavedra, presidente da Asociación Provincial de Armadores de Buques de Cerco de Pontevedra quen insiste en que “é necesario reformular o reparto actual se queremos que o cerco sobreviva en Galicia”. Lamenta que non haxa un maior compromiso por parte da Xunta á hora de defender os intereses da maior parte do sector. Sobre a división existente entre os propios armadores con dúas asociacións, unha que defende un novo reparto e outra que aposta por manter o actual, explica Saavedra que este último colectivo representa “aos máis ricos que son os que si saen beneficiados co reparto actual porque lles concede un número moi elevado de toneladas cando o reparto que nos reclamamos sería máis xusto e solidario e beneficiaría a todos”. Unha división que ao seu entender beneficia aos políticos que deberían centrar os seus esforzos “en buscar cota e repartila equitativamente e non empregar a táctica do divide e vencerás”.  

José Saavedra representante cerco
Anuncia un demantelamento do sector se non hai un novo sistema de reparto
Divide e vencerás
Critica que a outra asociación busque o beneficio dos máis ricos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará