Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

“Vilavella móvese” promove o comercio con agasallos, descontos e actividades para os nenos

RR_Noticias

Dende a Praza de Ribadavia (ou praza da Farola) e ata o Convento de Vilavella, hai todo un mundo de actividade comercial que moitos veciños descoñecen. Así o entenden os responsables dos negocios que traballan nesta parte do casco urbano: tendas de roupa e calzado, produtos de alimentación, agasallos, cafeterías, perruquerías… Uns comercios que baixo o lema “Vilavella móvese” teñen en marcha unha campaña de promoción que vivirá as súas xornadas de maior actividade o venres 18 e o mércores 23 cando papa Noel visite as súas rúas.

O pequeno comercio adoita aproveitar este período de vendas propio do Nadal para facer un chamamento aos clientes para que non busquen en grandes superficies o que poden atopar no comercio local. Con ese espírito, un total de 77 comerciantes de Vilavella poñen en marcha este ano unha campaña que convida aos veciños a quedar en Redondela pero tamén a moverse máis aló da Alameda e coñecer a importante actividade comercial que se desenvolve nesta zona. Durante todo este período quen se achegue a estas rúas poderá ver unha decoración personalizada ás portas de cada comercio, pero será sobre todos os días 18 e 23 cando celebran un intenso programa orientado aos máis pequenos. Así este venres Papa Noel recollerá as cartas dos rapaces na Praza de Ponteareas en horario de tarde de 17:00 a 19:00 horas. Nesa xornada poderán tamén participar da festa da neve con animación e música na rúa 8 de marzo. O mércores 23 haberá inchables nas rúas Padre Sarmiento, Praza Ponteareas e Pai Crespo e os pequenos poderán subirse a un touro mecánico completamente de balde. O único requisito para participar de todas as actividades e pasar previamente por algún comercio e retirar un ticket que lles dará acceso ás atraccións. Os comerciantes adheridos á iniciativa premiarán ademais aos seus clientes con sobre sorpresa pro aquelas compras iguais ou superiores a 20 euros.  

Rosa Amoedo Anaquel
O obxectivo é dinamizar o comercio na zona de Vilavella
Actividades de balde e descontos
O venres 18 os máis pequenos poderán entregar as súas cartas a Papa Noel
Programa do día 23
Haberá inchables e un touro mecánico

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará