Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco suma e segue

RR_Noticias

Terceira vitoria consecutiva para os de Marcos Montes, que se impuxeron ao Barbadás e volven engancharse á cabeza da clasificación. Cómodo triunfo tamén do filial sobre o Vitoria, e empate entre o Chapela e o Matamá.

Terceira División
Barbadás 0-1 Choco
Os de Jacobo Montes seguen co refacho positivo, ao sumar onte a súa terceira vitoria consecutiva, o que lle permite meterse de cheo na loita polos postos de privilexio. Agora son quintos a dous puntos do cuarto clasificado. O Barbadás saíu sen ritmo. Foi o conxunto redondelán o que se apropiou do xogo ofensivo, con Silva como referencia. No minuto tres dispuxo dunha boa ocasión que lanzou fóra. No 14 enviou un disparo desde o interior dereito ao traveseiro. Pola súa banda, os locais só chegaron no 12 desde a banda esquerda de Denis, que remataba Matelo. Xa na segunda metade, con demasiado intento de control, perdéronse nas chegadas ás áreas. Despois, a lea das amoestacións, falta de Oli no vértice da área no lateral que lle custa a cartolina. Execútaa sobre o segundo pau Hugo, falla na súa saída Berto, quedando o esférico para Molinos que controla e só ten que empuxar ao fondo da rede. Había aínda tempo por diante, con ocasións para os dous equipos, pero o marcador xa non se movería. Chegaron as rotacións, lóxicas e en certa medida obrigadas por parte dos locais, en busca da igualada, pero os seus intentos foron errados, terminando con 10 xogadores pola vermella por dobre amoestación a Hugo García, xa no desconto.
O Choco segue escalando postos e ao final da fase regular debe pelexar por un dos catro postos que lle dean opción a xogar o ascenso a Segunda B. Na próxima xornada terano complicado, volven xogar fóra e visitan o campo do Rápido de Bouzas, cuarto clasificado.
Segunda Autonómica

Choco B 6-1 Vitoria
O filial do Choco goleou ao Vitoria, ao que agora supera na metade da táboa. Cómodo triunfo para os redondeláns, co que o filial tenta engancharse de novo aos postos de cabeza. Agora é quinto, e o domingo xogará no campo do pechacancelas, o Miño.
Chapela 3-3 Matamá
Partido igualado entre o Chapela e o Matamá, que acabou en táboas. O Chapela agora é 8º, e a próxima xornada xogará nun campo difícil, o do Lavadores.
Terceira Autonómica

Arcade 1-1 Cesantes
Reparto de puntos no derbi comarcal nun partido moi igualado entre os dous rivais. Jaime adiantou ao Arcade na primeira metade, e Canario igualou para ao Cesantes a nove minutos do final. Un resultado que deixa ao Arcade no terceiro posto, e ao Cesantes no 11º. E os redondeláns terán un partido difícil o domingo, xogan na casa do líder, o Sampayo.
Mosende 6-0 Beretes Chapela
O Peña Beretes caeu goleado no campo do Mosende, e segue afundido na parte baixa da táboa. O domingo recibirá ao Sampaio de Navia, segundo do grupo.
At. Vilar 2-1 C. Areas
Os redondeláns manteñen a terceira posición logo de impoñerse ao C. Areas. A próxima xornada xogan no campo do Caselas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará