Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un paquete sospeitoso na cafetería Dolce en Arcade mobiliza a Garda Civil

RR_Noticias

A propietaria dun bar de Arcade avisou á Garda Civil por temor a ser vítima dun atentado terrorista cando atopou un paquete ás portas do negocio que non estaba identificado. Logo da alarma inicial e confirmado que o paquete tan só contiña revistas, o local abriu con normalidade.

Un paquete sospeitoso mobilizou onte ao equipo de desactivación de explosivos (Edex) da Garda Civil de Pontevedra.
A propietaria do establecemento situado na parroquia de Arcade, en Soutomaior , atopouno á primeira hora da mañá de onte na terraza da cafetería cando se dispuña a abrir o local e alarmouse pensando que podería ser un artefacto explosivo. O envoltorio contiña unha nota: «Para os teus clientes», unha nota que lle resultou sospeitosa polo que decidiu avisar á Garda Civil, por temor a poder ser vítima dun atentado terrorista. As forzas da orde activaron de inmediato o protocolo de alarma por explosivos.
Os axentes acordoaron a zona ao redor da cafetería Dolce para evitar o paso dos veciños e levaron un can especialmente adestrado para a detección de explosivos, quen non deu mostrar de que se tratase dunha bomba. Os axentes abriron o paquete e comprobaron que se trataba dunha falsa alarma, xa que o único que había no interior eran varias revistas que ao parecer deixara unha veciña para que as puidesen les os clientes do local
O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, que se achegou ata o lugar, manifestou que non se fixo necesario desaloxar as vivendas, aínda que houbo certa alarma na veciñanza polo despregamento de seguridade que levou a cabo o instituto armado. Confirmada a ausencia de perigo, a propietaria volveu abrir o seu negocio.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará