Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Arealonga FS afiánzase nos postos de cabeza

RR_Noticias

Un único resultado o que nos deixa o fútbol sala no ámbito local, xa que por cuestións de calendario o Redondela descansaba nesta xornada e o partido previsto que debía enfornar ao Alonso & Serodio e o Campito foi aprazado. Si xogou o terceiro dos equipos locais que militan na autonómica sur, o Arealonga que logrou unha importante vitoria ante o Celado por 5-3.

O Arealonga consolídase así na terceira praza do grupo en solitario. Na vindeira semana teñen unha cita difícil, xa que xogarán co líder da categoría o Cereixa Gondomar e farano ademais en campo rival.
Pola súa banda, Redondela e Campito deberán defender as súas posicións en campo amigo. Os de Juan Manuel Nogueira farano na bomboneira cun partido o sábado 19 ás 16:15 horas ante o Leis Marcón. O Campito medirá as súas forzas co Abetos Gondomar nun encontro que se disputará o sábado ás 16:30 no pavillón de Chapela.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará