Hoxe é Luns 14 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unha árbore de dez metros ilumina o Nadal en Soutomaior

RR_Noticias

A decoración deste ano ten o seu centro neurálxico na alameda de Talo Río en Arcade, onde está instalado a tradicional árbore de nadal municipal que este ano chega ata os 10, 5 metros de altura e conta cunha base de 3,5 metros. O programa cultural deste Nadal arranca o sábado ás 20:30 horas no Multiúsos de Arcade coa obra cómica Xamón, Xamón a cargo do grupo Tirinautas teatro liderado polo coñecido actor José Manuel Puente “Isi”

A decoración xeral é azul con pequenos tubos e lámpadas led de estrela con efecto flash. Ademais, a decoración deste ano chega a lugares emblemáticos do Concello de Soutomaior, como os monumentos á ostra e os hostaleiros, a zona do Peirao e os edificios municipais. A maior parte dos elementos están baseados en composicións do Nadal tradicionais, coas cores azul e vermello como tendencia principal.
Toda a instalación utiliza tecnoloxía led, o que contribúe á eficiencia enerxética da iluminación. A iluminación permanecerá acendida desde o venres 4 de decembro ata o próximo 5 de xaneiro desde as 18:00 ata as 00:00, salvo os días de Noiteboa, Nadal e Fin de ano, que o fará ata as tres da madrugada.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará