Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Xabier Alonso “Non ten sentido cumprir unha moción que vai contra os intereses de Redondela”

RR_Noticias

O edil de cultura insiste en que a moción presentada por AER, na que se solicitaba a elaboración dun catálogo de artistas locais como eixo fundamental para a súa promoción, non tería resultados positivos para os propios artistas implicados “tal e como demostraron experiencias semellantes que acabaron en fracaso”. En base a isto entende que malia saír aprobada dita proposta no pleno municipal “non ten sentido cumprir o mandato do pleno cando este vai na nosa contra”. Para reconducir esta situación presentará ao resto dos grupos “un pacto sobre a cultura que integre á totalidade das expresións e iniciativas, así como todo o patrimonio cultural redondelán”.

O obxectivo que se marca o edil é claro: promover o valor cultural de Redondela para convertela nun referente cultural que chegue incluso a ocupar o lugar que no pasado ostentou Vigo. Un potencial cultural que ao seu entender pode e debe dar beneficios a nivel inmaterial pero tamén económicos. Por ese motivo ven de convocar ao resto dos partidos presentes na corporación a unha reunión que se celebrará o xoves e na que lles presentará un documento sobre o cal traballar “un plan cultural no que se formulan medidas concretas coas que se pretende atender as necesidades culturais de toda a cidadanía e chegar a todos os axentes que crean e transforman a realidade en cultura”. Entre as medidas concretas de dito plan, que na súa totalidade pode consultarse no facebook do Partido Popular, recóllese a creación dunha rede de convenios con outros concellos e institucións para o intercambio de propostas artísticas e tamén a centralización de toda a información cultural de Redondela nunha nova web. Inclúese neste decálogo como proposta estrela a creación do Laboratorio das industrias culturais de Galicia con sede no noso concello.  

Xabier Alonso concelleiro de Cultura
Unha proposta que vai en contra dos propios implicados
Experiencias xa fracasadas
Non ten sentido cumprir o mandato do pleno cando vai en contra de Redondela
Plan Cultural
Nunha comisión de cultura que se celebrará o xoves presentará un proxecto máis ambicioso

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará