Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Obradoiros variados e música para os máis pequenos na Biblioteca de Redondela

RR_Noticias

Un obradoiro de escritura creativa conducido por Miguel Ángel Alonso e unha festa musical con Susa Herrera centran as actividades para esta semana. O día 9 organizan tamén un obradoiro de Nadal orientado a nenos de 6 a 9 anos. Incrición e información nos bibliotecas ou no teléfono 986 401561.

A primeira das actividades previstas organizada pola Asociación de Amigos das Bibliotecas Municipais será un obradoiro de escrita creativa que se desenvolverá este mércores días 2 no Multiusos do Piñeiral do Crego. As prazas son limitadas, polo que é importante reservar. Pódese facer nas instalacións da B.P.M. “Valle-Inclán” de Redondela, da Axencia Municipal de Lectura de Chapela ou no correo da asociación amigosbibliotecasredondela@gmail.com. O venres 4 ás 18:00 horas na sala infantil da Biblioteca Municipal de Redondela celébrase unha gran festa musical con Susa Herrera e os seus contos e cancións de animais. Ao final da súa actuación, asinará os seus libros a todos os que o desexen. Así mesmo, haberá a posibilidade de comprar in situ o libro “En Cabárceno se oye cantar” e levalo asinado pola súa autora. Unha actividade libre e gratuíta orientada a nenos a partir dos 3 anos. Xa na vindeira semana a Biblioteca en colaboración coa Fundación Filomena Rivero Alonso, organiza un Obradoiro de Nadal para nenos de 6 a 9 anos o mércores 9 de decembro ás 18:00 h.  A actividade é gratuíta e as prazas limitadas polo que é necesaria a inscrición previa nas dependencias da biblioteca ou no teléfono da mesma (986 40 15 61).  

Mª Elena Becerra BIblioteca Redondela
Actividades que precisan de inscrición

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará