Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Asociación Cultural de Rande terá un local no Centro de Interpretación da batalla

RR_Noticias

O Meirande cederá unha sala de 80 metros cadrados para que o colectivo cultural, un dos artífices de que este museo se construíra, conte cun espazo para desenvolver as súas actividades. O pleno do concello aprobou por unanimidade a cesión deste espazo. Dende o PSOE criticaron que o local presente certas deficiencias ao non contar nin con calefacción nin tampouco con aire acondicionado.

O pleno da corporación acordou de xeito unánime ceder un local de 80 metros cadrados, no segundo andar do museo Meirande, para uso das Asociación Deportiva e Cultural de Rande. O espazo cederase durante un período de 35 anos. A cambio o colectivo terá que abonar a parte proporcional que lle corresponda do canon que anualmente o Concello paga a Autoridade Portuaria pola cesión dos terreos. Tamén deberá facerse cargo tanto dos gastos de electricidade como de calefacción. Precisamente dende o PSOE criticaban que este local non contase con eses servizos cando o resto do edificio si conta con eles “incluso ten o chan de madeiras cando o resto do inmoble está dotado de madeira”. O PP explicaba que malia teren que facer fronte a estes gastos “poderán acceder ás subvencións que o concello outorga aos colectivos culturais precisamente para subvencionar os seus gastos correntes”. Todos os grupos amosaron o seu apoio porque se conceda este local a unha Asociación que traballou intensamente por lograr que se construíse o Meirande.  

Xoan Carlos González BNG
Lembra o esforzo que a asociación deberá facer para afrontar os gastos do local
Eduardo Reguera PSOE
Reclama que se solucionen as deficiencias do local
Carmen Amoedo PP
Os colectivos contan cunha liña de axudas para afrontar os gastos correntes

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará