Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O pleno demanda un reparto xusto para o cerco

RR_Noticias

De xeito unánime todos os grupos amosaron o seu apoio aos mariñeiros e armadores da flota de cerco que estes días están a mobilizarse en demanda dun reparto xusto da cota do xurelo e da xarda. Unha demanda que trasladaron tamén ao auditorio do Multiusos cunha pancarta na que se podía ler “Por un reparto xusto e lineal para o cerco”.

A moción presentada polo PSOE salientaba a importante repercusión que na economía dos veciños de Redondela está a ter a situación de paro que vive esta flota xa que “o noso concello posúe 20 barcos dos que dependen máis de 150 familias só de forma directa”.  O edil Leonardo Cabaleiro facía fincapé na situación de “familiares e amigos cada vez máis desesperados ante a incerteza do futuro da pesca galega producida por unha repartición desigual que crea rexións de primeira e segunda”. Responsabilizaba tamén desta situación á falta de xestión e presión política por parte do goberno popular tanto da Xunta como de Madrid. Unha críticas que compartiron os voceiros de BNG e AER. Así, o nacionalista Xoan Carlos González criticaba que “non exista un goberno galego que defenda os nosos sectores productivos cando non estamos a xogar o futuro do país”. Bernardo Crespo de AER acusaba á Xunta de “mirar cara outro lado mentres o goberno do estado se amosa sumiso e cobarde, vendido aos intereses de Centro Europa”. A moción contou tamén co apoio do PP que malia todo criticou que se incluíse na moción unha reprobación á Conselleira do Mar, Rosa Quintana de quen dixo “fixo moitas cousas por Redondela como a construción da lonxa”.  

Xoan Carlos González BNG
Un sector vital para o futuro de Galicia como país
Carmen Amoedo PP
Apoiaron a moción pero criticaron que se criticase á conselleria do mar
Leonardo Cabaleiro PSOE
Defende a moción en defensa da flota do cerco
Bernardo Crespo "Campa" AER
Acusa ao PP de seren cobardes ao fronte do goberno en Madrid e Galicia

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará