Hoxe é Venres 6 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

AER denuncia manipulación nas bases para a contratación dun inspector de policía local

RR_Noticias

Asegura esta formación política que dende a alcaldía se estableceron criterios para impedir que puidesen optar a esa praza os policías locais de Redondela. Acusan ao alcalde de “cambiar as bases tentando dirixir a contratación, porque un dos que pode acceder á praza non é do seu agrado”.

A Agrupación de Electores reclama que a praza de inspector de policía local sexa cuberta por promoción interna, é dicir, que poidan acceder a dita praza aqueles policías que xa traballan no concello de Redondela “un procedemento que adoita empregarse no Concello dende hai algún tempo estando de acordo con este sistema todos os sindicatos”.
De feito, aseguran que inicialmente a secretaria do concello redactou as bases para que esta praza se cubrise deste xeito pero que “o alcalde solicitou un cambio nas bases para que fora por mobilidade horizontal, un sistema que significaría que poden presentarse inspectores de policía de toda Galiza, cortando así a carreira profesional dos policías locais de Redondela, que non van poder optar a esta praza”.
Afirman tamén e AER que “o alcalde quixo enganarnos e cambiou as bases tentando dirixir a contratación, porque un dos que pode acceder á praza non é do seu agrado”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará