Hoxe é Martes 19 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chan das Pipas prepárase para celebrar o Samaín cunha marcha nocturna polos montes da parroquia

RR_Noticias

O Centro Cultural Chan das Pipas de Saxamonde organiza o III Rastrexo do Samaín “O legado Vikingo” na noite do 1 de novembro. Unha actividade que consiste nunha marcha polos montes e barrios da parroquia chea de probas e sorpresas e que está aberta a grandes e pequenos (13 anos mínimo) que acodan acompañados. Para participar é preciso inscribirse no teléfono 615 306 302 ou no correo electrónico culturalchandaspipas@gmail.com. A inscrición é de 2 euros para os socios, 3 € para non socios e o único requisito é levar calzado cómodo e roupa deportiva. A falta dunha semana xa hai 80 inscritos.

A marcha organízase en equipos de 2 ata 10 persoas que, coa axuda dunhas pistas e unha lanterna, terán que percorrer oito quilómetros na noite do 1 de novembro por monte e camiños para facerse co legado dos vikingos. Para isto deberán superar probas, seguir pistas e non perder moito tempo no recorrido, logrando chegar co mesmo número de participantes que tomaron a saída. A finalidade desta actividade non é competitiva, senón lúdica, aínda que se establecerá unha clasificación con premios simbólicos para os tres primeiros equipos, así como unha bebida quente para tódolos participantes. O verdadeiro obxectivo é participar nunha actividade diferente e divertida, ambientada con certa doses de medo e humor. Unha actividade organizada polo Centro Social Deportivo e Cultural “Chan das Pipas” de Saxamonde en colaboración coa Comunidade de Montes da parroquia.  

MIguel Gil organizador do rastrexo nocturno
Unha actividade na que os participantes deberán percorrer 8 kilómetros
O legado Vikingo
Unhas runas sinalizarán o camiño

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará