Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os redondeláns dubidan que a nova tarificación horaria da luz supoña unha rebaixa no recibo

RR_Noticias

A nova factura da luz entrou en vigor este mes, aínda que só para os clientes que xa dispoñan do novo contador intelixente. A luz será máis barata pola noite, e máis cara polo día, cando a demanda é maior. Un novo pau ás economías familiares que xa experimentaron un incremento do 52% na factura da luz desde o ano 2008.  

A nova facturación eléctrica entrou en vigor este mes, e permite que os recibos se calculen hora por hora. O prezo do quilowatt será diferente segundo a hora do día no que se consuma. É dicir, pagaremos a luz en función do prezo ao que nese momento cotice a electricidade. Iso si, a nova tarifa só se aplicará aos clientes aos que a compañía eléctrica lles renovou o seu contador, substituíndolles o tradicional por un intelixente. Coa nova tarifa o consumo será máis barato a partir das 12 da noite e durante toda a madrugada. As tarifas máis caras serán entre as oito da tarde até media noite. Pero as diferenzas serán mínimas. Por iso malia os esforzos que poidan realizar os consumidores para utilizar os seus electrodomésticos cando sexa máis barato, o aforro non vai superar o 1,66 euros ao mes. Por iso moitos usuarios redondeláns afirman que non cambiarán os seus hábitos. Lorena explica que non se vai levantar de madrugada a poñer a lavadora por aforrar uns céntimos, e advirte que a nova tarifa “é un conto”. O mesmo opina Riqui, que ademais apunta “os problemas de ruído” nos edificios de vivendas se os veciños utilizan os electrodomésticos de madrugada. A nova tarifa causa desconcerto e malestar na poboación, que leva anos experimentando continuas subas na factura eléctrica. De feito, o prezo da luz aumentou en España un 52% durante a crise, mentres a situación económica das familias empeoraba. Veciños como Raquel deben facer fronte a recibos da luz “moito máis altos cun salario máis baixo”. Un panorama complicado que comparte Daniel, que advirte que o aumento da luz foi “demasiado” nuns anos nos que escasea o emprego e os salarios baixan. Desde o ano 2008 ao 2014 a electricidade subiu 30 veces máis que o pan e 17 máis que as verduras. Ningún outro produto básico se encareceu tanto na crise como a enerxía. España foi o país da UE onde máis subiu o recibo da luz, e xa somos o cuarto país europeo co recibo máis caro, só por detrás de Dinamarca, Alemaña e Irlanda.

Cambio de rutinas
Lorena non modificará os seus horarios pola nova tarifa xa que o aforro é moi escaso.
Aforro mínimo
Riqui dubida que co cambio de tarifa se produza algún aforro.
Incrementos na factura
Raquel experimentou unha suba no recibo superior ao 50% nos úlltimos anos mentres os seus ingresos se reduciron.
Demasiada subida
Daniel sinala que a suba na tarifa eléctrica foi demasiado alta nun contexto de crise.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará