Hoxe é Venres 4 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Afectados pola AP-9 esixen unha rebaixa nas afeccións e unhas expropiacións xustas

RR_Noticias

A mobilización, que congregaba a un cento de persoas ás portas do concello na mañá de hoxe, foi unha chamada de atención “porque estamos fartos dos desplantes de Fomento e Audasa” en palabras dos representantes da Asociación de Afectados. Inciden nas súas demandas: que se pague un prezo xusto aos propietarios das once vivendas expropiadas, que se rebaixe a liña de afección porque de aplicarse a establecida pola Lei de Carreteras “hipotecaríase o futuro de 459 vivendas en Chapela” e que se repoñan os servizos afectados polas obras.

O colectivo asegura que tal e como ven recollido na Lei de Carreteras, quedarían afectas 459 casas na parroquia “unha situación que provocaría un grava problema social e económico”, motivo polo que insisten na necesidade de negociar con Fomento unha excepcionalidade nesta parroquia que se recolla tamén no Plan Xeral de ordenación Municipal actualmente en proceso de redacción. A Asociación de Afectados continúa ademais coa súa loita para que se pague un prezo xusto polas once vivendas que van ser expropiadas “unha cuestión que debía estar solucionada antes de iniciarse as obras pero que a día de hoxe aínda está en mans do noso avogado”. Lembran que non van permitir que se desaloxe a ningún veciño sen que previamente teña recibido a compensación económica que lle corresponda e que lle permita acceder a outra residencia. Os representantes do colectivo agradeceron a presenza na concentración de membros do goberno e da corporación local pero anuncian que manterán as mobilizacións “tamén no período electoral, presentándonos nos actos que organicen PP e PSOE, porque tan responsable é a actual ministra de Fomento Ana Pastor como o seu predecesor no cargo José Blanco”.  

Francisco Puch Asociación de Afectados AP-9
Lembra que hai 459 casas afectadas pola Lei de Carreteras
Expropiacións
11 propietarios pendentes
Mobilizacións
Continuarán tamén no período electoral

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará