Hoxe é Martes 16 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pazos chama a superar os desencontros e traballar para poñer en marcha a Área Metropolitana

RR_Noticias

O Director Xeral de Administración Local, Alberto Pazos continúa co calendario de reunións que o vai levar a reunirse cos responsables dos 14 concellos chamados a formar parte deste proxecto que entende “é extremadamente interesante para o conxunto da cidadanía” polo que é preciso que bote a andar canto antes. Lamenta que os continuos desencontros baseados en cuestións persoais co alcalde de Vigo, Abel Caballero estean a demorar o proceso e fai un chamamento a facer un esforzo para superar os atrancos. Pazos confía en ter un borrador antes de que remate o ano.

O rexedor vigués criticaba nos últimos días a lentitude do goberno galego na tramitación dos cambios na Lei que vai regular a área metropolitana. Unhas críticas que Alberto Pazos nega rotundamente xa que asegura “estamos a desenvolver un calendario intenso de reunións con todos os concellos implicados cos que nos imos sentar no prazo máximo de dous meses”. Sobre os posibles movementos que Caballero vai dar nos vindeiros días logo de anunciar “novidades para conseguir desbloquear a Area Metropolitana” confía en que esas novidades non estean encamiñadas a dinamitar as negociacións coa Xunta. Insiste Pazos na necesidade urxente de desbloquear e superar calquera atranco xa que a posta en marcha deste ente supramunicipal suporá enormes beneficios aos veciños ao ter competencia non só no transporte senón tamén na xestión dos residuos, o abastecemento de augas, o saneamento, así como a promoción turística e cultural “un proxecto ambicioso que pretende dar resposta aos problemas dos cidadáns”. Lembra ademais que tal e como está concibida a área metropolitana o custe para as arcas municipais será cero “conforme se vaian cedendo as competencias dos diferentes concellos irase cedendo tamén o financiamento, pero logo poderase xestionar que eses servizos se presten a un menor custe”. En canto aos prazos insiste “todo dependerá do consenso que se vaia atopando nas diferentes xuntanzas, pero confiamos en contar cun borrador antes de que remate o ano”.  

Alberto Pazos director xeral Administracións Locais
Fai un chamamento a superar atrancos e nega as críticas de Caballero
Compentencias
Ademais do transporte asumiría competencias no tratamento de residuos abastecemento de augas turismo…
Abaratamento de servizos
Por lóxica os servizos deberían ser máis económicos para os concellos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará