Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela estrea hoxe autobús ao Alvaro Cunqueiro

RR_Noticias

Dende hoxe luns a compañía Autos González xa presta os seus servizos dende os concellos de Redondela, Pazos de Borbén e Fornelos de Montes ao novo hospital de Beade. Os veciños que precisen desprazarse ao Alvaro Cunqueiro dende Redondela poderán facelo ás 7:00, 8:00, 14:00 e 15:10, mentres que os horarios de regreso están previstos para as 11:30, 15:05, 18:45 e 22:00 horas. As frecuencias a Pazos e Fornelos serán tan só dúas de ida e dúas de volta.

A Xunta amplía dende hoxe as liñas de autobús ao hospital mediante servizos directos a 7 novos concellos da área sanitaria de Vigo, así dende este luns a empresa Autos González xa presta os seus servizos dende os municipios de Redondela, Pazos de Borbén e Fornelos de Montes.
Nos seguintes cadros indícanse os horarios das novas conexións, nas que a liña con saída de Fornelos de Montes pasa por Pazos de Borbén e Redondela.
Horarios cara ao hospital

Fornelos

Pazos de Borbén

Redondela

 

 

07:00

07:30

07:45

08:00

 

 

14:00

14:40

14:55

15:10

Horarios volta do hospital

11:30

A Fornelos por Redondela y Pazos

15:05

A Redondela

18:45

A Fornelos por Redondela y Pazos

22:00

A Redondela

A Xunta prevé tamén que a mediados da semana, a Empresa Raúl comece a operar dende os concellos do Covelo, Mondariz, Mondariz Balneario e A Cañiza. Ademais, esta empresa reforzará servizos en Ponteareas, As Neves, O Porriño, Salvaterra do Miño, Salceda de Caselas e Mos. Deste xeito, Mos contará con servizos dende parroquias como Petelos, Vaquero, Porteliña ou Tameiga. Os concellos de Salvaterra do Miño e Salceda de Caselas agora só contan con servizos dende parroquias e pasarán a contar con servizos dende o núcleo.
Dende a Dirección Xeral de Mobilidade destacan que con estas novas autorizacións, 20 concellos, ademais de Vigo, terán transporte directo ao novo hospital, sendo o complexo cunha maior cobertura xeográfica de transporte directo de toda a comunidade.
 
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará