Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O mozo que perdeu a vida nun accidente de moto será enterrado hoxe en Reboreda

RR_Noticias

Iago Mosquera Montes (Chavo) faleceu o pasado sábado ao impactar coa súa moto contra o quitamedos na estrada N-550 nun tramo curvo no que xa se produciron outros sinistros de gravidade. A vítima, de tan só 23 anos de idade, será enterrada hoxe na Igrexa parroquial de Santa María de Reboreda, parroquia de onde era natural.

O fatal accidente produciuse pasadas as catro da tarde do pasado sábado na estrada que une Redondela co Porriño. O mozo, que pilotaba una Yamaha de alta cilindrada e que circulaba en dirección Redondela, saíuse da vía e colidiu contra o valado lateral. Os primeiros en chegar ao lugar foron os axentes da policía local que, logo de alertar ao 112, iniciaron as manobras de reanimación. Unha vez chegou una ambulancia medicalizada os sanitarios continuaron intentando reanimar ao motorista que finalmente faleceu.
Na xornada de hoxe terán lugar os actos fúnebres, con saída ás catro e media da tarde dende o tanatorio de Tanamañó á igrexa parroquial de Santa María de Reboreda.
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará