Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Obradoiros didácticos para promover e facilitar a participación na elaboración do Plan Xeral

RR_Noticias

A elaboración do Plan Urbanístico que debería ordenar o territorio nos vindeiros anos continúa avanzando e faino con dúas xornadas didácticas que se van desenvolver hoxe no Multiusos do Piñeiral do Crego en Chapela e mañá no Multiusos da Xunqueira en Redondela.  En ambos os casos os obradoiros, que serán conducidos polos técnicos da empresa encargada da redacción do proxecto, arrancarán ás 20:00 horas.

O interese dos veciños por participar quedou patente cun cheo absoluto na presentación de “IdeaRedondela” a inicios do pasado mes,  un proxecto que busca implicar a dar a coñecer á cidadanía cales son os pasos que se van dar nos vindeiros meses na elaboración do PXOM así como informar dos diferentes mecanismos a disposición dos veciños de cara a garantir a súa participación e favorecer así que haxa o maior consenso posible. Como primeira parte da sesión realizarase a exposición da documentación que forman o Documento Inicial Estratéxico e o Borrador do Plan, xa realizados; o Documento Inicial Estratéxico, no que se recolle unha primeira aproximación aos obxectivos do Plan, información sobre a situación medioambiental do concello e a avaliación dos potenciais impactos ambientais das alternativas previstas; o Borrador do Plan, no que sobre a análise da realidade urbanística e socioeconómica do concello, se definen as liñas estratéxicas do desenvolvemento do futuro Plan. Ambos documentos serán a base sobre a que se reflexionará e debaterá nas sucesivas xornadas de participación. As diferentes Comisións de seguimento postas en marcha para este proceso comezarán o traballo de axustar á realidade municipal a diagnose realizada. Tamén será a súa labor a avaliación e redefinición dos obxectivos e das liñas estratéxicas que o Plan desenvolverá nos próximos anos. Como segunda parte da presentación didáctica, se fomentará a implicación da veciñanza no proceso e se concretará por medio de que ferramentas veciños e veciñas poderán participar na elaboración do documento: os acompañamentos no rural, os obradoiros de futuro e a enquisa ideaRedondela. Detallaranse as metodoloxías a empregar así como o calendario conxunto para as diferentes accións. Para atopar a máis completa documentación do proceso, así como das últimas novidades ao respecto, pódense consultar os perfís do proxecto en Facebook (IdeaRedondela) e Twitter (@ideaRedondela).      

Xornadas didácticas
Unhas reunións abertas nos Multiusos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará