Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Digna Casal Freaza celebra os seus cen anos de vida

RR_Noticias

Esta veciña de Quintela que actualmente reside en Santa Mariña recibiu a visita do alcalde javier Bas e a concelleira da Muller, Teresa París, quen quixeron facerlle entrega dun agasallo nesta data tan especial. Digna, que goza dunha memoria prodixiosa relatou historias da súa extensa vida rodeada da súa familia e recibiu das autoridade unha Coca gravada en pedra.

Nai de nove fillos e traballadora incansable, realizou tarefas no campo e tamén como mariscadora. Da súa extensa vida conta múltiples historias e anécdotas que hoxe en día resultan afastadas de nós pero non o son tanto xa que ela as conta en primeira persoa, como por exemplo cando ía a Vigo camiñando ou a Fornelos.
Veciña de Quintela durante moitos anos hoxe reside coa súa filla en Santa Mariña (Redondela) e adaptouse perfectamente ao cambio de residencia, lugar no que onte recibía o cariño da súa familia e tamén das autoridades municipais.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará