Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Negros prepárase para celebrar a Festa da mazá

RR_Noticias

Un ano máis, e xa van vinte, a parroquia de Negros organiza esta cita gastronómica de exaltación da mazá. Logo dunha fin de semana intensa recollendo as mazás doadas polos veciños agora están xa a traballar na elaboración da sidra que se servirá o sábado e domingo acompañada de numerosos pratos entre cuxos ingredientes sempre estará presente este froito. Unha cita gastronómica que arrancará ás 20:00 horas do sábado e que vivirá a súa xornada grande o domingo con pregón a cargo do cantante e humorista Tony Lomba.

A colleita non foi tan boa como en edicións anteriores “debido a unhas últimas semanas excesivamente secas que provocaron que boa parte do froito collera bicho e apodrecera na maceira” segundo explica o presidente da comisión de festas Emilio Antón. Con todo recolléronse uns 3.500 kilos “dunha calidade moi boa e cun zume espléndido”. Máis de corenta persoas están a traballar na organización desta festa que se celebrará na fin de semana pero cuxos preparativos ten a todos os veciños colaborando activamente. Recollida xa a mazá agora é tempo de facer a sidra. Con todo, o traballo máis intenso será na cociña o propio sábado e domingo na elaboración dos diferentes pratos que se servirán na carpa instalada no recinto da festa: empanada de bacallau con mazá,  chourizo a sidra, costela con mazá e brochetas de peituga de polo onde non faltará tampouco o froito estrela. Os máis lambóns terán tamén a oportunidade de degustar diferentes sobremesas caseiras. Uns pratos que tamén se prepararán para levar e se servirán a prezos ben económicos, entre 4 e 7 euros. As casetas de degustación comezarán a servir xa na tarde noite do sábado, a partir das 20:00 horas nunha noite que estará amenizada polo grupo Los amigos del ritmo. O domingo, día grande da festa, a cociña comezará a servir a partir das 11:00 horas nunha xornada na que a música correrá a cargo dos grupos de gaitas Froles Mareliñas e Son do Castro e a Charanga os Charamujas. O pregón correrá a cargo do músico Tony Lomba.  

Emilio Antón Festa da mazá
Pouca mazá pero boa calidade
Preparativos
Recollida a mazá estase a elaborar a sidra

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará