Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Xuventude convoca a XVI edición do certame literario “Os Viadutos”

RR_Noticias

A Concellería de Xuventude de Redondela convoca unha nova edición deste certame de relatos curtos dotado con dous premios económicos de 1.200 euros e 600 euros respectivamente. O prazo de presentación de traballos rematará o día 27 de novembro e ao certame poden concorrer todas as persoas interesadas que teñan entre 17 e 35 anos de idade e que presenten as súas obras escritas en lingua galega.

Os textos terán que ser orixinais, inéditos e non premiados en calquera outro certame e deberán ter unha extensión máxima de 15 folios e mínima de dez. O tema será libre pero é requisito fundamental que estean escritos en lingua galega. Os textos remitiranse ao departamento de Xuventude no Multiusos da Xunqueira como data límite o 27 de novembro deste ano. O ditame do xurado darase a coñecer no mes de decembro.
As bases do concurso pódesen consultar na páxina web www.concelloredondela.es
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará