Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O primeiro temporal da tempada deixa pequenas incidencias e árbores caídas en Redondela

RR_Noticias

Refachos de vento de 150km/h e 144 litros de auga por metro cadrado son os rexistros que nos deixa a primeira cicloxénese da tempada bautizada como Henri. Os seus efectos, que en Redondela se reducen a pequenas incidencias con árbores caídas en Reboreda e Cabeiro e na N-555, continuarán hoxe nunha xornada na que a Xunta suspendeu as actividades escolares no exterior pero mantén as clases.

Os operarios do GES (Grupo de emerxencias e salvamento) foron os encargados de actuar tanto no barrio de Quintana en Reboreda como en Cabeiro, no lugar de Quirincosta para retirar uns piñeiros caídos que impedían o pasado de veciños e vehículos. Tamén na tarde de onte a estrada N-555 estivo cortada 15 minutos pola caída dunha árbores. Incidencias menores para un temporal que afecta a comunidade dende a xornada de onte con refachos de vento que chegaron a superar os 150km/h no municipio de Carballeda de Valdeorras en Ourense. Na nosa bisbarra as chuvias superaron con moito os 100 litro por metro cadrado chegando en Fornelos de Monte aos 144 litros. En Vigo os ventos roldaron os 90 kilómetros por hora.
A situación non mellorará nas primeiras hroas da xornada de hoxe e a Xunta decidiu ampliar a alerta laranxa, que onte afectaba ás provincias de A Coruña e Pontevedra, a toda a xeografía galega por ventos superiores aos 110 kilómetros hora. Ante estas previsións a Dirección Xeral de Emerxencias decidiu suspender as actividades escolares ao aire libre, malia a que se manterá a docencia e o transporte escolar.
Henri seguirá presente en Galicia sobre todo ata ao mediodía. A partir da tarde notarase un melloramento no meteorolóxico xa que se espera que o temporal comece a remitir.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará