Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os redondeláns acoden á histórica manifestación en defensa da sanidade publica

RR_Noticias

Unhas 600 persoas desprazáronse a Vigo nos autobuses postos a disposición dos cidadáns polo partido socialista. Un nutrido número de veciños aos que hai que engadir os que decidiron empregar o vehículo propio ou outros medios de transporte e que participaron dunha mobilización que colapsou o centro da cidade con 200.000 persoas berrando xuntos a favor da Sanidade Pública convocados pola xunta de persoal do Chuvi.

Unha marcha sen precedentes a que congregou onte a ducias de milleiros de persoas con máis de cen autobuses mobilizados dende diferentes puntos da provincia (once procedentes de Redondela). Ao berro de Sanidade pública e gratuíta ao redor das oito da tarde partían os manifestantes nunha auténtica marea que fixo que cando moitos aínda non se moverán das inmediacións do hospital Xeral outros estiveran xa escoitando o manifesto na Porta do Sol. Foron o xornalista Xabier Fortes e o músico Eladio Santos os encargados de poñer voz a este manifesto no que a Xunta de persoal anunciou a súa intención de manter as protestas ata lograr recuperar a concesión do Alvaro Cunqueiro para a Sanidade Pública.
Os asistentes corearon berros esixindo a dimisión da Conselleira de Sanidade, Rocio Mosquera ou do propio presidente da Xunta Núñez Feijoo e escoitáronse lemas como “Feijoo atende, Vigo non se vende” ou “¿A culpa de quen é? Dos que votan ao PP”.
No manifesto houbo referencias constantes ao Alvaro Cunqueiro, lembrando que o Sergas adxudicou a súa construción e a explotación dos seus servizos non sanitarios por 1.300 millóns de euros e denunciaron tamén a rebaixa considerable no número de camas hospitalarias pasando das 1.465 prometidas ás 845 finais, tamén a redución no número de quirófanos, a superficie de urxencias ou as salas de radioloxía.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará