Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Arranca a escola de vela do Centro Recreativo e o Club Náutico con xornadas de clases gratuítas

RR_Noticias

Arrancan as actividades no Centro Recreativo Cultural de Redondela e fano con novidades. Incorpóranse ás propostas habituais as clases de ballet, clases de arte e pintura e un aula de estudo orientada aos socios. O presidente da entidade, Daniel Virulegio, salienta a aposta que se fai dende esta entidade polos deportes náuticos coa posta en marca da escola de vela que arrancará o vindeiro luns 7 e martes 8 con dúas xornadas de portas abertas

A colaboración entre o Centro recreativo e o Club Náutico permiten poñer en marcha esta escola de vela co obxectivo de desenvolver o deportes náutico na enseada de San Simón. Así o explica Virulegio quen anima aos veciños, nenos a partir de 7 anos e adultos, a participar das dúas xornadas de clases gratuítas que se van desenvolver este luns día 7 e o martes 8 de setembros en horario de tarde. Dende as 16:00 ata as 19:00 horas os interesados en achegarse a este deporte poderán participar de balde da actividade, o único requisito é inscribirse previamente na recepción do centro en horarios de tarde. As clases de vela continuarán todas as fines de semana baixo a coordinación de Domingo González Alonso.
A dirección do CRC Redondela que asumiu esta responsabilidade hai escasos meses, presenta outras novidades dentro da súa programación habitual con clases que se impartirán tanto en horario de mañá como de tarde atendendo a demanda veciñal e coa incorporación de novas actividades. Ademais de ballet impartida en colaboración coa escolla de danza de Deborah Alfaya, porase en marca un aula de estudo na que os  alumnos contarán cun profesor de apoio que os axudará nas súas tarefas escolares. Ademais os nenos inscritos terán acceso á escola de xadrez e clases de guitarra.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará