Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Matrícula aberta para os cursos de informática gratuítos que organiza o Concello de Redondela

RR_Noticias

As clases comezarán en setembro con diferentes cursos, que van desde a iniciación á informática ata a formación avanzada en internet, edición de vídeo ou creación de blogs. Haberá cursos específicos para a procura de emprego e tamén actividades para nenos no Nadal.

Os cursos que oferta a concellería de Novas Tecnoloxías comezarán o 7 de setembro. Son totalmente de balde e están dirixidos a todos os veciños de Redondela. Impartiranse desde setembro ata decembro, e serán de iniciación á informática e internet, manexo de procesador de textos con writer e follas de cálculo con Calc xunto cun curso de Informática Avanzada. Este ano e como novidade introdúcense novos cursos orientados a consecución de emprego como o de Deseño de Curriculums e cartas de presentación, xunto co de busca de emprego nos que os alumnos aprenden a familiarizarse cos principais recursos para a busca de emprego nas webs creando os perfís profesionais necesarios. Xunto con estes cursos, e tamén coma novidade inclúese o Curso de Trámites, Xestión e Compras por Internet, onde os alumnos aprenderán a solicitar citas médicas, consultar os puntos do carné de conducir, solicitar unha vida laboral e outras múltiples xestións que se realizan habitualmente agora a través de internet. Outros cursos de interese que se impartirán son Xestión de redes sociais e blogs persoais, edición de vídeo con Movie Maker, e unha actividade cos máis pequenos no Nadal para redactar a carta a papá Noel. As aulas CEMIT abriranse tamén para uso libre nos meses de outubro e novembro en horario de 09:00 a 13:00 en Redondela e de 16:00 a 20:00 en Chapela, e contarán cun monitor de axuda para resolver as dúbidas dos usuarios. Para inscribirse deben presentar a solicitude por rexistro rematando o prazo catro días antes do inicio de cada curso.
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará