Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pazos de Borbén mellora cinco camiños cun investimento de 67.000 euros

RR_Noticias

O Plan Marco 2014-2015 da Xunta de Galicia dotou con case 55.000 euros a Pazos de Borbén para a mellora de varias estradas en zonas rurais do municipio, e o Concello fíxose cargo do resto do importe, que corresponde ao IVE.

A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, visitou onte o municipio para comprobar o estado dos traballos que se executaron coa axuda outorgada pola Consellería de Medio Rural e do Mar. Mellorouse o firme de cinco camiños no Galleiro, nas zonas da Igrexa-O Valado e Panadeira, en Nespereira; no cruce Cepeda-O Galleiro e na parroquia de Ermida. A delegada destacou o importante incremento do orzamento neste Concello, que ascende a un 69% con respecto á anterior convocatoria, posto que se investiron preto de 67.000 euros (66.845,13) nos traballos feitos nos cinco camiños, sendo a cantidade subvencionable pola Administración autonómica de case 56.000 euros (55.243,91 euros) mentres que o goberno local fíxose cargo do resto, que corresponde ao pago do IVE. Salientou que este tipo de actuacións son “moi ben acollidas entre os veciños e veciñas” das zonas nas que se actúa, xa que “melloran a calidade de vida da poboación que reside nestas parroquias e contribúe a arranxar as deficiencias que persisten en determinadas zonas rurais”. A través de distintos programas deste tipo de axudas ao medio rural, o Concello de Pazos de Borbén recibiu no período 2009-2015, máis de 230.000 euros para actuacións en zonas rurais do municipio.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará