Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O paro baixa en Redondela un tímido 0,5% no mes de xullo, o que deixa 2.373 desempregados

RR_Noticias

No resto da comarca o descenso do paro con respecto ao mes anterior é máis significativo, sobre todo en Soutomaior, onde o descenso é do 5,47%. En Fornelos de Montes o paro baixou en xullo un 2%. En Pazos de Borbén o descenso é similar ao de Redondela, un 0,5%.

No municipio redondelán o sector que rexistra un maior número de parados é o dos servizos, con 1.425 persoas sen emprego, seguido da industria, con 460 parados. Na distribución por sexos o paro é maior entre as mulleres, con 1.460 demandantes de emprego, por 913 homes. Isto en canto á evolución do paro de xullo con respecto ao mes anterior. Se nos fixamos na situación que se rexistraba na comarca hai un ano, o descenso do desemprego en Redondela foi do 10%, con 267 parados menos. No resto da comarca destaca o comportamento de Fornelos de Montes, onde o descenso interanual foi do 13%. En Pazos de Borbén e Fornelos de Montes a caída do paro foi do 7,8% en ámbolos casos.
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará