Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela habilitará dúas praias para cans

RR_Noticias

Os propietarios de cans poderán levar as súas mascotas aos areais de Cesantes e Chapela logo de aprobarse no pleno de onte a moción presentada por AER na que defendían que se habilitaran espazos nas praias aptos para animais. En Cesantes a medida afectará a un tramo duns 200 metros comprendido entre o final do paseo ata a baixada dos asteleiros. En Chapela a proposta aprobada establece que se poderán levar animais á cala situada entre os dous pantaláns do paseo de Cardona. A medida podería facerse efectiva de xeito inmediato xa que tan só estaría pendente da sinalización dos lugares elixidos.

A falta de unha serán dúas as praias ás que poderán ir os veciños de Redondela acompañados polas súas mascotas. Malia as reticencias do PSOE, que decidiron absterse pro entender que os lugares elixidos deberían ser consensuados previamente nos Consellos parroquiais, a moción foi aprobada co voto a favor do resto dos grupos. O edil da Agrupación de Electores, Bernardo Crespo salientaba que “neste intre na provincia de Pontevedra só existe unha praia para cans, sita no Grove, uns espazos necesarios para a socialización canina e para garantir o benestar das mascotas, que ademias de supoñer un beneficio para os animais tamén pode converterse nun beneficio para o concello, xa que atraería un tipo de turismo cada día máis en auxe: o turismo con mascotas”. A proposta de AER e que finalmente foi aprobada pasa por habilitar estes espazos no tramo de praia de Cesantes comprendido entre o final do “novo” paseo ata a baixada dos “asteleiros”. En Chapela, o lugar elixido é a pequena cala situada entre os dous pantaláns do paseo de Cardona, “un lugar proposto polos propios usuarios e propietarios de mascotas”. O concelleiro de Medio Ambiente, MIguel Angel Alvarez, defendeu que o lugar elixido en Chapela fora a cala na baixada de Friolla, pero malia non recollerse a súa proposta apoiou a moción lembrando que non son os animais os que “emporcan as praias”. A Concelleira Raquel Quintáns solicitou que se establecesen “unhas normas claras de comportamento ” para os usuarios destas praias e dende o BNG o edil Xoan Carlos González foi máis aló para reclamar “que se estude tamén a posibilidade de establecer espazos no casco urbano para ubicar parques para animais”.  

Bernardo Crespo "Campa" AER
Defendeu a necesidade de que os veciños poidan ir ás praias cos seus cans
MIguel Angel Alvarez PP
O edil de Medio Ambiente coincide ao afirmar que os que enchen os areais de lixo non son os animais
Eduardo Reguera PSOE
Malia apoiar a creación de praias para cans optaron pola abstención alegando que os lugares debian ser consensuados cos veciños
Xoan Carlos González BNG
Reclama que se creen tamén parques para cans nos cascos urbanos
Raquel Quintáns edil non adscrita
Solicita vixilancia e normas claras para os usaurios

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará