Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Afectados pola ampliación da AP-9 cumpren as súas ameazas e paralizan as obras

RR_Noticias

Membros da Asociación Afectados paralizaron na mañá de onte as obras de ampliación da autoestrada en Chapela para esixir ao Ministerio de Fomento que lles dea unha solución polos ruídos, cortes de rúas e problemas de seguridade que sofren. Unha medida que non dubidarán en volver a adoptar no caso de que as máquinas volvan traballar na proximidade das casas cuxos propietarios aínda non recibiron a indemnización que lles permita abandonar os seus fogares.

Malia que xa viñan anunciando a súa decisión de botarse a rúa e parar as obras no caso de non recibir unha resposta positiva as súas demandas, a de onte foi unha decisión en quente e temporal que se prolongou durante hora e media. Así como as máquinas se achegaban ás vivendas pendentes de expropiar, os veciños decidiron parar os traballos “unha acción que se desenvolveu sen incidentes xa que os operarios decidiron seguir traballando noutro lugar”. Anuncian que esta medida podería repetirse nos vindeiros días.
O vicepresidente da asociación, Jesús Vázquez, indicou que os veciños decidiron parar a máquina porque “están fartos” por como os están tratando dende Fomento e dende Audasa “un proxecto que non inclúe melloras prometidas como as pantallas acústicas ou o asfalto absorbente, unha comisión que non se reúne e unhas compensacións económicas que non chegan”.
De feito, tiñan pensado reunirse nas vindeiras horas con responsables do Ministerio pero logo de consultar aos seus servizos xurídicos decidiron pospoñer a reunión “á espera de que o noso avogado reciba unha documentación  que se lle solicitou a Fomento e a Audasa sobre o proxecto de ampliación”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará