Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Oito equipos disputan hoxe os cuartos de final do Mundialito da Xunqueira

RR_Noticias

Logo de tres semanas de competición a Pista da Xunqueira acolle hoxe os partidos correspondentes a cuartos de final do Mundialito coa participación de 8 dos 21 equipos que iniciaran o campionato. O mércores terán lugar as semifinais e xa o venres disputaranse os últimos partidos desta edición co terceiro e cuarto posto ás 21:00 horas e a gran final ás 22:00 horas.

Os partidos de hoxe luns arrancarán ás 20:30 horas co encontro entre Redovigo-Opel Fimauto. Media hora despois está previsto o encontro entre Degal San Marcos- Reformas Cobi, xogarán a continuación Amigos del Balón contra Garina Pedales e pechará a xornada xa ás 22:00 horas o partido entre Aquelarre e Royal Picasso.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará