Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Esquerda Unida demanda un punto limpo para acabar cos vertidos incontrolados

RR_Noticias

Colchóns, electrodomésticos, ordenadores, mobles ou sofás son tan só algúns dos residuos que os membros de esquerda unida fotografaron nesta fin de semana en diferentes puntos de Chapela, Santo Estevo de Negros, Cesantes, O Viso e Trasmañó. Unha situación que se repite continuamente e que ao seu entender débese a que os veciños carecen dun punto limpo en Redondela no que depositar estes materiais. Responsabilizan ao concello por non poñer solución a estes “vertedoiros incontrolados”.

Explican que nestes vertedoiros adoitan atoparse restos de reformas e aparellos eléctricos que moitas veces xeran unha importante contaminación polo que deberían ser recollidos por persoal especializado e tratados adecuadamente en instalacións autorizadas para a súa descontaminación.
Por este motivo, dende EU demandan a creación dun punto limpo fixo porque, segundo explican, o 80% dos residuos que presentan estas características proceden de domicilios particulares. Por este motivo “a existencia e accesibilidade dos puntos limpos é crucial para a reciclaxe”. Soliictan tamén que dende a concellería de  Medio Ambiente se realicen campañas de concienciación mediambiental.
Por outra banda, alertan da existencia de “bandas organizadas que abandonan os aparatos nos contedores, tras quitarlles as materias primas valiosas” e contra as que deberían actuar tanto a Xunta como o propio Concello.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará