Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PSOE reclama maiores medios ante o risco de incendios forestais

RR_Noticias

Os socialistas demandan ao concello que asine o convenio con Medio Rural co fin de protexer os nosos montes ante a falta de medios propios cos que conta Redondela xa que “agora mesmo só se dispón de 3 persoas de emerxencias para cubrir todo o municipio”. Critican que o PP rexeite a oferta da Xunta para participar dun convenio para a contratación de persoal que traballe no periodo de máximo risco de incendios.

A data de hoxe os socialistas non teñen constancia da sinatura do Convenio de colaboración subscrito entre a Consellería do Medio Rural e a entidade local de Redondela para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais cofinanciado parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) que dotaría ao noso concello dunha ampliación do seu orzamento. 
Engaden que o Concello de Redondela tampouco conta con ningún convenio con 085 malia a existencia de importantes masas forestais en case tódalas parroquias cun incalculable valor medioambiental. Ademais, algunhas delas teñen tamén un valor histórico e arqueolóxico “polo que entendemos que se deben facer tódolos esforzos precisos na súa conservación e, por suposto, ter cuberto calquera imprevisto ou ataque do lume”.
O grupo socialista entende que “é un grave erro, que non se debería volver a repetir” e engaden que “reclamamos ao concello que realice un esforzo para sumarse ao plan de brigadas forestais xa que esta mesma semana houbo dous incendios e Redondela non pode depender das patrullas sobrantes dos municipios colindantes”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará