Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Aquagym nas praias de Cesantes e Chapela e campamento infantil en Arealonga

RR_Noticias

A actividade de aquagym, organizada pola Concellería de Muller e igualdade, comezará a impartirse de xeito gratuito hoxe luns 13 de xullo e na mesma pode participar todo o que o desexe acudindo os luns e mércores a Cenastes ou os martes e xoves á Praia de Arealonga en Chapela. En ambos os dous casos as clases impartiranse en horario de mañá de 11:00 a 12:00 horas. Por outra banda en Chapela arranca o mércores un campamento na praia que se desenvolverá en horario de tarde de 17:30 a 19:30 orientado a nenos maiores de catro anos.

Esta actividade ten como obxectivo fomentar hábitos saudables e a práctica de deportes lúdicos ao aire libre, facendo que as nosas praias teñan un novo aliciente engadido para achegarnos a elas.
Un monitor será o encargado de dirixir a actividade e impartirá diferentes exercicios físicos lixeiros tanto na area como na dentro da augas. Os lugares escollidos sinalizaranse cun banderín para atopalos facilmente.
A actividade dará comezo o vindeiro luns 13 de xullo e rematará o luns 31 de agosto, non terá custo e nela poderán participar persoas de todas as idades, acudindo aos lugares e nas horas indicadas.
Campamento de Praia en Arealonga
A Concellería de Xuventude do Concello de Redondela ven de organizar o Campamento de Praia que dará comezo este mércores día 15 na Praia de Arealongaen horario de 17:30 a 19:30 horas. Este campamento vai dirixido a nenos maiores de catro anos que disfrutarán con xogos populares, xogos de auga, Olimpiadas, gincanas e manualidades. Para esta actividade non fai falta inscribirse previamente no concello.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará