Hoxe é Domingo 6 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela celebra a primeira Bandeira Feminina de Traiñeiras

RR_Noticias

A praia de Arealonga acollerá este domingo dobre competición. Celebrarase a I Bandeira feminina, que quere ser un recoñecemento ao bo traballo que están facendo as remeiras redondelás, e ás doce comezará a II Bandeira Masculina de Traiñeiras na que os chapeláns terán que enfrontarse a outras seis embarcacións.

Os éxitos acadados polas remeiras redondeláns, que por primeira vez este ano compiten na Liga Galega con embarcación propia, reflíctese na I Bandeira Feminina de Traiñeiras que organiza o C.R. Chapela xunto ao concello de Redondela. Unha satisfacción tanto para as remeiras como para o propio club que malia as dificultades económicas e organizativas amósase orgulloso desta primeira Bandeira, que o presidente do Club, Julio Prado, di, é reflexo do bo traballo das remeiras, varias veces campioas de España de traiñeiriñas e bateis e na última competición, terceiras en Santander. Un bo traballo que tamén destacaba o novo edil, Julio Mougán, que aseguraba que o remo e o deporte feminino son dúas das apostas da Concellería de Deportes que encabezará esta lexislatura. As remeiras redondelás terán que medirse ás de Cabo de Cruz e San Martiño. Malia que a embarcación de Boiro parte como favorita, o presidente do club, confía en que o bo tempo e a baza de remar na casa lles permita acadar un bo resultado. II Bandeira Masculina de Traiñeiras Chapela A cita feminina coincide coa celebración da segunda edición da Bandeira Masculina de Traiñeiras que comezará ás doce do mediodía e na que participarán sete embarcacións: Mecos-Mondariz, Castropol, Chapela, Rianxo, Cesantes, Vila de Cangas e Mera. Parte como favorita a embarcación de Mecos, primeiros na clasificación. Os remeiros de Chapela son terceiros con nove puntos e os de Cesantes quintos con seis puntos. Malia que a tempada non está indo todo o ben que agardaban, Julio Prado asegura que pelexarán polo ascenso e para recuperar a categoría que ocupaban hai un ano.

Bandeira feminina pte C.R Chapela
A Bandeira é un reflexo do bo traballo feito polas remeiras de Chapela
Bandeira feminina Julio Mougán
O edil asegura que o remo e o deporte feminino seguirán sendo unha aposta do seu departamento
II Bandeira Masculina
Sete serán as embarcacións que compitan na II Bandeira de Chapela

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará