Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

AER demanda a Sántos Héctor por inxurias

RR_Noticias

O vindeiro 15 de xullo celebrarase no Xulgado de Pontevedra o acto de conciliación interposto pola Agrupación de Electores contra o secretario provincial do PSOE. Os membros de AER interpuxo unha demanda contra Santos Héctor á raíz das súas declaración nas que aseguraba contar con “fundadas sospeitas que membros desta lista recibiron favores laborais por parte do alcalde e vinculados tamén a Deputación Provincial” ademais de afirmar que “estes señores (en referencia a AER) usaron as negociacións co PSOE para aumentar a súa cotización no pacto co PP”.  

Por este motivo e ante a gravidade destas afirmación, a Agrupación de Electores de Redondela con data 18 de xuño interpuxo a demanda para a celebración de acto de conciliación, previa á interposición de querela criminal por un presunto delito de calumnias e/ou inxurias, fronte ao Secretario provincial do PSOE, Héctor Santos para que proceda ante o xuíz a recoñecer a falsidade de ditas declaracións. O acto de conciliación realizarase o vindeiro 15 de xullo nos xulgados de Pontevedra, ao que xa está citado o Secretario Provincial do PSOE. Desde AER lamentan “a pasividade da Agrupación local do PSOE e dos seus responsables no referente a este desafortunado incidente, co que amosan o seu servilismo fronte á cúpula do seu partido, asumindo como propios os erros e despropósitos dos seus dirixentes provinciais”. Engaden que esta situación “está dificultando e seguirá dificultando as relacións entre ambas formacións políticas no traballo do día a día da política de Redondela”.  

Polémicas declaracións
Escoitamos ao secretario provincial do PSOE Héctor Santos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará