Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Consolídase a recuperación do emprego con menos parados en toda a comarca

RR_Noticias

O paro volveu baixar na bisbarra de Redondela  cun descenso no número de inscritos nas lista do paro que no caso do noso concello consolida unha tendencia a baixa que se mantén nos últimos cinco meses. Un descenso que en grande parte responde aos postos de traballo que se crean tradicionalmente neste período do verán, pero que non deixan de seren positivos.

En Redondela foron 63 as persoas que se borraron das listas do desemprego no último mes de xuño situándose a día de hoxe o número de persoas en paro en 2.386, afastados do 2720 parados que se contabilizaban no inicio do ano. Diminución que tamén atopamos no resto de concellos da bisbarra. En Soutomaior hai hoxe 768 persoas inscritas, 24 menos que no mes anterior. En pazos de Borbén son 378 o número de parados, 12 menos que no mes anterior e en Fornelos de Montes o número de desempregados ascende a 178, 15 menos respecto do mes de maio.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará