Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A bandeira azul ondea en Cesantes por segundo ano consecutivo

RR_Noticias

O areal da Punta mantén este distintivo que valora a calidade da auga, a seguridade, os servizos e a accesibilidade. Un recoñecemento que conseguía en 2014, converténdose no primeiro areal redondelán con este galardón. A praia xa conta con todos os servizos en activo, entre eles o de limpeza e de socorrismos, até o 15 de setembro.

Dende este venres, 3 de xullo, a bandeira azul ondea na praia de A Punta en Cesantes, por segundo ano consecutivo, logo de que en 2014 a proposta recibise o visto e prace da Asociación de Educación Ambiental, encargada en España de outorgar este recoñecemento no que se valora a calidade das augas, que ten que ser excelente, a seguridade, a completa dotación de servizos, a accesibilidade, a atinada xestión ambiental e a sustentabilidade dos areais e das dársenas. A bandeira foi izada o pasado venres nun acto que contou coa presenza do alcalde de Redondela, Javier Bas, a Conselleira de Medio Ambiente, Infraestruturas e Transporte, Ethel Vázquez, a Delegada da Xunta en Vigo, María José Bravo e o concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Ángel Álvarez Ballesteros, quen subliñaba que este distintivo é un “orgullo” que supón un “pulo para o turismo do municipio e sitúa a Redondela e Cesantes no mapa de areais máis importantes de Galicia e España. O alcalde de Redondela destacaba o esforzo que implica conservar esta bandeira azul o que “supón o compromiso dos cidadáns que están colaborando e mentalizados da súa importancia”. A Conselleira Ethel Vazquez aseguraba que manter este distintivo é unha “mostra do traballo e esforzo do goberno” ao que engadía que o areal da Punta contribúe a que a provincia de Pontevedra sexa a que máis distintivos obtivo este ano, un total de 59, das 131 bandeiras azuis outorgadas na comunidade galega.

Miguel Alvarez Ballesteros edil de medio ambiente
O edil destaca a importancia deste distintivo para o impulso do turismo
Javier Bas alcalde
Manter a bandeira supón un esforzo de colaboración no que a cidadanía está implicada
Ethel Vázquez conselleira medio ambiente
A conselleira destaca a importancia deste galardón e a contribución que supón para Galicia

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará