Hoxe é Venres 6 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG esixe una solución as familias que quedaron sen praza nas ludotecas do verán

RR_Noticias

Algo máis de 80 rapaces e rapazas de entre 4 e 14 anos, quedaron fóra desta convocatoria que ten por obxecto ofrecer ás familias un espazo no que os seus fillos poidan desenvolver actividades no mes de xullo en horario de 9:30 a 13:30 horas. Os nacionalista cuestiona diversos aspectos na organización desta actividades como o proceso de inscrición sen publicidade, o elevado volume de solicitudes presentadas no primeiro día e o escaso número de prazas ofertadas. Aconsellan ás familias que quedaron fora a que presenten reclamación por rexistro, esixindo se lles dea solución á súa solicitude.

Segundo o concelleiro do BNG Xoan Carlos González “existen unha xeira de irregularidades que temos detectado neste proceso”. Entre elas salienta que o período de presentación de solicitudes careceu da debida publicidade, normalmente nos centros de ensino e que malia todo no primeiro día se presentaran arredor de 203, cando o número de prazas das Ludotecas para o mes de xullo, é de 225 “cantidade insuficiente a todas luces”.
Denuncian dende o BNG “aue máis dun vinte por cen das solicitudes presentadas, queden sen praza reflexa a falla de previsión desta convocatoria de carácter social e que para moitas familias convértese en prioritaria durante as vacacións de verán”.
Os nacionalistas presentaron xa un escrito dirixido ao alcalde para que poña en marcha as medidas axeitadas para que lle dean resposta ás 80 solicitudes, que quedaron fóra da convocatoria.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará