Hoxe é Venres 15 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Ursula Lorenzo Miguez substitúe a Isaac Araújo ao fronte das Xuventudes Socialistas de Redondela

RR_Noticias

Ursula Lorenzo “Luly”, estudante de traballo social na Universidade de Santiago de Compostela e veciña da parroquia de Reboreda, foi elixida onte por unanimidade dos membros da formación como nova secretaria xeral dos socialistas redondeláns. Releva así no cargo ao que fora o responsable da organización xuvenil durante os últimos seis anos Isaac Araújo.

A elección de Ursula Lorenzo como nova Secretaria Xeral das Xuventudes Socialistas acordouse de xeito unánime na tarde de onte nunha asamblea convocada para elixir ao substituto de Isaac Araujo, quen presentara a súa renuncia a seguir presidindo a sección xuvenil do PSOE logo de seis anos ao fronte por entender que “é o momento de dar paso a outras persoas que acheguen novas ideas e comecen a dar os seus primeiros pasos en política”.
Araujo, quen nas pasadas elección quedou a porta de entrar na corporación xa que ocupaba o número 7 da lista dos socialistas quen acadaron seis concelleiros, entende que “son épocas duras para a nosa organización polo que o novo secretario xeral, neste caso labor que recae en Luly Lorenzo, xogará un papel importante e decisivo”.
Isaac Araújo, licenciado en Relacións Laborais e Recursos Humanos, foi o encargado de reconstituír as Xuventudes Socialista en Redondela, logo de 10 anos sen agrupación. Ao fronte da mesma a entidade desenvolveu diferente actividades entre as que salienta a recuperación da memoria de Alejandro Otero.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará