Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Servizos Sociais garante o servizo de comedor a familias sen recursos durante o verán

RR_Noticias

O servizo será xestionado directamente por Cáritas, entidade que segundo explica a concelleira Mª Carmen Amoedo “garante a privacidade dos usuarios e dos menores e que se cubran as necesidades de todos os nenos que quedan sen comedor escolar coa chegada das vacacións estivais”. Explica a edil que o servizo non se presta directamente dende a administración “porque iso provocaría unha serie de trámites burocráticos que atrasaríana posta en marcha dun servizo que debe estar operativo de xeito inmediato”.

Por segundo ano consecutivo, o Concello de Redondela estableceu un servizo de comedor a domicilio para familias sen recursos. Un servizo que se presta a través de Cáritas, entidade que o ano pasado recibiu 7.000 euros, unha achega que dende o goberno local prevén incrementar ata 12.000. Así o explicou a edil de Benestar social, Carmen Amoedo, quen amosou o seu malestar e sorpresa antes as críticas dos socialistas sobre a carencia deste servizo no verán. “Ningún integrante do grupo socialista tivo a deferencia de preguntar antes de saír a prensa a asegurar algo que non é certo, xerando así incerteza e preocupación” explica a voceira dos populares quen engade que “hai xa máis de 20 días púxose en marcha o programa para que, durante os meses de verán, ningún neno quede sen alimentos”. Sobre as críticas do PSOE a que sexa Cáritas e non o Concello quen o xestione directamente explica a edil que “resulta materialmente imposible: primeiro, porque sería preciso aprobar unhas novas bases; segundo habería que requerir a información aos usuarios; e, terceiro, sería completamente inoperativo, xa que os usuarios das parroquias terían que desprazarse a Redondela para poder utilizar este servicio de comedor”. Conclúe a edil afirmando que “non é de recibo por parte de ningún grupo municipal,  querer sacar rédito político das dificultades das persoas”.  

Carmen Amoedo edil Servizos Sociais
Asegura que o servizo funcionará e que o xestionará Cáritas
Confidencialidade
Garántese o anonimáto dos usuarios

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará